Ir al contenido principal

Xoubas en conserva Portomar, pataca e pementón

Ir á receita en castelán
  • 1 lata de xoubas Pescamar
  • 2 patacas medianas cocidas
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Sal en escamas








Os que me seguides no Faceboock, xa estaredes ó tanto de que estiben algo liado ca Feira de Xantar en Ourense, así como co IV Encontro de Bloggers Gastronómicos que se fixo como actividade da Feira.
Pois ben, dentro de esa actividade, volveu a realizarse o Showcooking no que se utilizaron as conservas. Cando chegou o domingo e como continuación da cociña con conservas, preparei un entrante con unhas xoubas, de excelente calidade, de Portomar, empresa conserveira integrada no grupo Pereira Congelados.  
Unha preparación moi sinxela e que nos da un rico entrante en moi pouco tempo.
  1. Cocemos as patacas con pel. Deixamos que arrefríen e pelamos.
  2. Cortamos as patacas en rodelas e salgamos con escamas de sal.
  3. Colocamos por riba de cada pataca unha ou dúas xoubas (dependendo do tamaño da pataca).
  4. Engadimos, suavemente, un pouco de pementón e aproveitamos o aceite da conserva, para regar o noso prato.
Vedes que non vos minto no fácil do prato. Casi lle poderíamos chamar "xoubas a feira".

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito