Ir al contenido principal

Sopa de peixe sapo y lumbrigante

Ir á receita en castelán
  • 1 kg limpo de peixe sapo
  • 1 lumbrigante mediano
  • 1 cebola mediana
  • 1 cenoria grande
  • 125 grs de tomate frito
  • 2 dentes de allo
  • Pirixel picado
  • 1 vaso de viño branco
  • Pementa
  • Sal
  • Aceite de oliva
Despois de unha semana sen publicar nada, hoxe quero traer unha sopa chea de sabor mariñeiro.
Imos a preparar unha sopa de festa, unha sopa pensando en agasallar os Xosés e os pais. É unha sopa cun custo un pouco por riba da media, pero vai a merecer a pena.
  1. Cocemos o lumbrigante, para elo poñemos a quecer unha cazola con auga e sal, cunha proporción de 60 grs de sal por litro de auga. Cando a auga rompe a ferver introducimos o marisco e empezamos a contar dende que volve a romper o fervor. Uns 20 minutos para un lumbrigante entre 1,000 e 1,500 kgs. Deixamos arrefriar.
  2. Cando o lumbrigante é manexable, separamos a cola da cabeza. Valeiramos o interior da cabeza e reservamos. Sacamos a cola enteira e reservamos.
  3. Nunha cazola cun fondo de aceite, sofritimos a cebola picada, a cenoria en rodelas e os allos picados. Refogamos o conxunto.
  4. De seguido incorporamos os cachos (caparazóns) e cabeza do lumbrigante. Refogamos un par de minutos o conxunto e engadimos o viño branco. Deixamos que evapore.
  5. Cubrimos con auga e incorporamos media cabeza do peixe sapo. Deixamos facer uns 20 minutos.
  6. Retiramos todas as partes duras (cabezas e cachos do lumbrigante). Engadimos perexil picado e o interior da cabeza do lumbrigante reservado. Trituramos ben co batedor.
  7. Pasamos o resultado polo chino e levamos ó lume para que reduza un pouco.
  8. NOTA: Ata este punto, podemos deixalo feito de primeira hora da maña, co fin de aliviar traballo para a hora do xantar.
  9. Retiramos a espiña central do peixe sapo e cortamos en racións. Cortamos en rodelas finas a cola reservada do lumbrigante.
  10. Levamos a sopa ó lume e, si fose necesario, deixamos reducir un pouco máis. Cando a nosa sopa este quente incorporamos os anacos do peixe sapo e deixamos facer uns 4 ou 5 minutos. Retiramos do lume e engadimos as rodelas do lumbrigante.
  11. Neste momento levamos a nosa sopa á mesa e regamos cun fío de aceite de oliva
Como vedes lle chamamos sopa, pero practicamente é un prato principal de un xantar. Ó ir soamente partes brandas, cada comensal os cortará en anacos mais pequenos.
 
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito