Ir al contenido principal

Xarrete estofado con patacas

Ir á receita en castelán
  • 1 kg de xarrete de tenreira
  • 1 cebola mediana
  • 1/2 porro
  • 2 cenorias
  • 1/2 pemento vermello
  • Caldo de carne
  • 1 vaso de viño branco
  • 2 patacas grandes
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite de oliva
  • Sal e pemienta





A receita de hoxe é un clásico de toda a vida, un clásico que ten que estar en todas as mesas das nosas casas e que esta considerada coma un prato da cociña galega.
A carne que imos a usar, é unha carne de cocción lenta, unha carne melosa e moi xelatinosa que ven libre de oso. Esta mesma peza con oso e cortado en rodelas de uns 2/3 cms., da paso a outra excelente receita: o ossobucco do que vos deixo enlace.
  1. Cortamos o xarrete en anacos grandes.
  2. Picamos o porro, a cebola e o pemento vermello. Cortamos en rodelas as cenorias.
  3. Nunha cazola cun fondo de aceite procedemos a selar os anacos da carne e douralos. Reservamos.
  4. No mesmo aceite (limpo de impurezas) poñemos as verduras a pochar a lume brando.
  5. Cando as verduras estean ben pochadas, incorporamos a carne e damos un par de voltas, para a súa mestura cas verduras. Engadimos o viño e deixamos reducir case ata seco.
  6. Engadimos o pementón, remexemos e cubrimos co caldo de carne. Deixamos facer durante unha hora e media ou dos horas a lume brando.
  7. Cocemos as patacas con pel mentres se fai a carne. As pelamos, cortamos en anacos e engadimos á carne uns 10 minutos antes de finalizar, para que se empapen dos sabores do guiso.
  8. Deixamos repousar uns tres minutos e directo á mesa.
Para este prato o consello de sempre: acompañar dun bo pan, xa que ides a mollar si ou si.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito