Ir al contenido principal

Ensalada de aguacate e langostinos

Ir á receita en castelán
  • 10 langostinos cocidos
  • 1 aguacate
  • 1 ceboleta
  • 1 culler pequena de alcaparras
  • 1 tomate 
  • 1 pepinillo en vinagre
  • 1 lima
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal en escamas
Continuamos cas preparacións sinxelas para o verán e que deixamos preparadas con antelación.
Nesta ocasión imos a mesturar unha parella que se leva ben, aguacate e langostino
  1. Picamos a ceboleta, o tomate sen sementes, o pepinillo e as alcaparras. Mesturamos e reservamos nun bol.
  2. Pelamos e picamos os langostinos, deixando algún para decorar. Engadimos ó bol das verduras.
  3. Sacamos a carne do aguacate, picamos fino e engadimos ó bol mesturando ben todos os ingredientes.
  4. Engadimos o zume da lima e un chorro pequeno de aceite, Damos unhas voltas e deixamos que se mesturen ben os sabores.
  5. Para o servizo presentámola como máis nos guste. No caso da fotografía, montouse cun molde redondo, un langostino por riba e unhas escamas de sal. 
Non me negaredes que levamos unhas cantas receitas que nos van a ser moi útiles de cara ó verán.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito