Ir al contenido principal

Ensalada de mexillóns en conserva

 Ir á receita en castelán
  • Brotes frescos para ensaladas
  • Mexillón en escabeche en conserva
  • Pemento vermello
  • Pemento verde
  • Ceboleta
  • Vinagre de mazá
  • Aceite de oliva virxen
  • Sal
Retomamos as nosas conservas, as que tanto nos facilitan a nosa cociña e lle aporta tanto sabor.
A pouco que lles fagamos, imos a ter un rico prato como é o que nos ocupa.
  1. Picamos en dados pequenos o pemento vermello e verde. Cortamos en plumas finas a ceboleta.
  2. Poñemos as verduras picadas nun recipiente co vinagre, aceite e sal (cantidades o voso gusto). Deixamos macerar ó menos media hora.
  3. Sacamos os brotes da bolsa e deixamos que se aireen mentres se maceran as verduras. Abrimos a lata de mexillóns.
  4. No prato de servizo poñemos unha base de brotes, repartimos as verduras maceradas e regamos co líquido da maceración. Colocamos os mexillóns por riba e, si queredes, podedes aliñar co escabeche da lata, pero con coidado que xa leva aceite da maceración.
Xa vedes en poucos pasos unha deliciosa ensalada que vai a resultar moi agradable na nosa mesa de verán.

ota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito