Ir al contenido principal

Montados de solombo de porco con patacas e maionesa de allo

 Ir á receita en castelán
  • 1 solombo de porco
  • 2 patacas grandes
  • 1 dente de allo
  • 1 ovo
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa



Que vos parece se hoxe facemos algo con carne, ben, pois entón todo un clásico: solombo con patacas. 
  1. Pelamos, lavamos e cortamos as patacas en rodelas de algo mais de medio centímetro. Facemos en aceite a lume brando. Reservamos.
  2. Mentres se fan as patacas, cortamos o solombo en rodelas un pouco grosas e salpimentamos. Pasamos pola prancha, untada en aceite para que doure. Coidado, xa que aínda vai a ir ó forno.
  3. Fritimos o dente de allo en aceite, tendo coidado de que non se queime. Machacamos nun morteiro e deixamos arrefriar.
  4. Poñemos o allo machacado no vaso do batedor, engadimos o ovo e imos montando a maionesa co aceite.
  5. Prequecemos o forno a 220º.
  6. Nunha bandexa poñemos unha base de patacas, unha rodela de solombo, outra de pataca e outra de solombo. Poñemos por riba unha pouca maionesa. Levamos ó forno (por iso non é convinte pasar moito o solombo na prancha) e estará listo, cando a maionesa colla una lixeira cor tostada (color do pan).
  7. Para o servizo, podemos poñer unha pequena capa de maionesa no prato e por riba o montado de solombo.
Pódovos asegurar que este clásico está realmente bo e non podedes deixar de preparalo.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito