Ir al contenido principal

Bocado de chicharrón e prebe lasarte

 Ir á receita en castelán

Hoxe seguimos ca cociña sen lume, a que nos permite ter todo medio preparado, para facilitarnos as cousas á hora de xantar.
Para axudarnos na preparación, imos a usar un produto en liscos de Torre de Núñez.
Torre de Núñez prepárao ó estilo que se fai polo norte de Galicia, pero prensado e cortado en liscos.
Que ninguén se engane, non é un produto de dieta.
  • Chicharrón Torre de Núñez
  • Follas de cogollo
  • 1 ovo
  • Boliños de mini hamburguesa
  • 1 culler (de café) de mostaza
  • 1 culler (de café) de vinagre de Xerez
  • 1 pepinillo en vinagre (dous si son pequenos)
  • 1 culler (de café) de alcaparras
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa

O prebe lasarte saqueino dun libro do mestre Berasategui.
Como nota direi que as cantidades do prebe, da como para preparar uns oito boliños.
  1. Cocemos o ovo, pasamos por auga fría e pelamos cando se poida manipular. Separamos a clara da xema e reservamos.
  2. Para preparar o prebe, poñemos nun bol a xema do ovo e a mostaza. Chafamos cun garfo ata obter unha pasta.
  3. Engadimos o vinagre e damos unhas voltas para que se mesture.
  4. Imos incorporando o aceite en fío e remexendo, ata obter un prebe con textura de pomada. Salpimentamos.
  5. Picamos as alcaparras, o pepinillo e a clara do ovo, engadimos ó prebe, remexemos e cubrimos cun film que esta en contacto co prebe. Levar ó frío si se fai con antelación.
  6. Cortamos os boliños e tostamos lixeiramente.
  7. Para a presentación, untamos a base e a tapa do pan cun pouco de prebe, poñemos unha folla de cogollo, un lisco de chicharrón doblamos e poñemos a tapa.
Listo para levar á mesa e si queremos, acompañamos co resto das follas de cogollo aliñadas. Non ides a deixar indiferentes os vosos comensais.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito