Ir al contenido principal

Gambón en tempura e maionesa de pementón

 Ir á receita en castelán
Hoxe imos a preparar un rico aperitivo ou primeiro prato para as nosa comidas de festa.
As comidas en tempura gústanlle, practicamente, a todo o mundo, co cal o éxito está case que garantido.
Co tema da tempura tedes dúas opcións: mercar un preparado dos que venden e que se preparan deseguido, ou facela vos mesm@s segundo as instrucións.
  • Gambóns
  • Maionesa
  • Pementón agridoce de la Vera
  • 125 grs de fariña
  • 5 grs de lévedo
  • 150 ml de auga fría
  • 1 clara de ovo
  • Sal
  • Aceite de oliva
  1. Mesturamos a maionesa co pementón e remexemos ben para unha boa integración.
  2. Pelamos os gambóns, reservando a última falange e a cola (cuestión estética). Sacamos a tripa que recorre todo o seu corpo.
  3. Poñemos auga o lume e retiramos cando ferva. Introducimos os gambóns na auga e retiramos, a un bol con auga fría, os 20 segundos para parar a cocción.
  4. Sacamos da auga e envolvemos nun pano ou papel absorbente para secalos. Ensartamos nun pauciño de presentación e reservamos.
  5. Preparamos a tempura. Poñemos a fariña nun bol e engadimos o lévedo diluído en 50 ml de auga tibia. Deseguida engadimos sal e o resto da auga. Imos mesturando pouco a pouco ate que teña textura de crema. Regamos cunha cullerada de aceite de oliva por riba, tapamos cun pano e deixamos que duplique o seu volume (hora e media ou dúas).
    Pasado o tempo, incorporamos a clara a punto de neve e mesturamos con movementos envolventes ca masa reservada.
  6. Pasamos os gambóns pola tempura e fritimos en aceite quente ata que collan unha bonita cor dourada.
Servimos os gambóns acompañados pola maionesa de pementón. Facede bastantes, xa que van a voar da mesa.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito