Ir á receita en castelán
O outro día revolvendo un pouco pola rede, topeime con esta receita de El Comidista.
Receita que el a sua vez nos remite dende o restaurante gaditano El Campero.
- 400 grs de presa ibérica
- 500 grs de sal gorda
- 250 grs de azucre
- 30 grs de pementón agridoce de la Vera
- Pan
- 3 tomates pera
- 1/2 ceboleta
- azucre
- vinagre de mazá
- Aceite de oliva virxen
Eu xa tiña curado solombo e lombo de porco, con resultados mais que aceptables. En canto vin que tamén se facía con esta peza do porco non o dubidei un momento.
- Limpamos ben da graxa externa a peza de carne.
- Mesturamos moi ben a sal, o azucre e o pementón.
- Poñemos, nun recipiente algo fondo, un capa da mestura de sal, poñemos a peza de presa e cubrimos ben co resto da mestura. Envolvemos con plástico alimentario e deixamos 48 horas na neveira (é semicurado). Se duplicamos o peso da presa, duplicamos o sal, o azucre e o pementón.
- Pasado o tempo sacudimos ben de sal e pasamos por debaixo da billa. Secamos ben.
- A presentación a que vos queirades, eu fixen unhas tostas.
- Pelamos os tomates e retiramos as sementes. Picamos fina a ceboleta.
- Nun pouco de aceite empezamos a sofritir o tomate xunto ca ceboleta. Cando vemos que se empeza a pochar, engadimos azucre e un pequeno chorro de vinagre. Deixamos que se vaia caramelizando. Deixamos atemperar.
- Mentres se fai o sofrito, cortamos o pan e levamos ó forno entre cinco e seis minutos, a 200º partindo de forno frío.
- Cun coitelo xamoneiro, cortamos o mais fina posible a carne. O que sobre envolvémolo en papel de cociña e gardamos ó frío da neveira.
- Sobre cada tosta poñemos unha capa de vinagreta, por riba as lonchas da carne e regamos cun fío de aceite. Engadimos un pouco de sésamo tostado.
Non deixedes de probalo. Evidentemente, ó ser semicurado, a carne non está feita de todo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito