Ir al contenido principal

Torrada de bacallau e pemento

 Ir á receita en castelán

Cando falamos de torradas, sempre se nos ven á cabeza esa rica sobremesa que facemos con pan.
Pero neste caso vai a ser salgada e con bacallau.  

  • 400 grs de bacallau desalgado 
  • 200 grs de tomate fritido
  • 100 grs de pan
  • 100 ml de leite
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento verde
  • 3 dentes de allo
  • 1 culler de carne de pemento choriceiro
  • 3 ovos
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite, sal e pementa
Rebuscando en ficheiros antigos, encontrei esta receita publicada nunha revista especializada que hoxe xa non se edita. 
  1. Desfacemos o bacallau cas mans e usamos uns 250 grs na preparación. Os outros 150º os levamos a un bol con pementón e aceite de oliva virxe, removemos e reservamos. 
  2. Cortamos o pan e o deixamos a remollo na leite.
  3. Picamos a cebola, os dentes de allo e o pemento verde. Refogamos nun pouco de aceite, a lume brando, durante 15 minutos.
  4. Incorporamos o tomate fritido, a culler de carne de pemento choriceiro e os 250 grs de bacallau desmiuzado; cocer durante 10 minutos mais. Sazonar si fose necesario.
  5. Engadimos á preparación anterior os ovos batidos e o pan ben escoado da leite. Vertelo nunha bandexa rectangular enfariñada ou cuberta de papel de cociña que nos fará fácil sacar a preparación da bandexa (debe quedar unha capa non moi grosa)
  6. Prequecemos o forno a 185º e deixamos facer entre 20/25 minutos aproximadamente. Comprobamos pinchando si está callado por dentro.
  7. Deixamos que arrefríe, desmoldamos e cortamos en cadrados. 
  8. Para a presentación poñemos un pouco de bacallau en aceite e pementón, por riba de cada porción.
Para os amantes do bacallau, unha rica maneira de preparalo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito