Ir al contenido principal

Costela guisada con patacas

  Ir á receita en castelán
Como nos gustan estes guisos clásicos, estes guisos que temos na nosa memoria da infancia e que facían as nosas aboas e as nosas nais.
Penso que poucas persoas haberá que rexeiten este tipo de comidas.
  • 500 grs de costela de porco
  • Patacas de guarnición
  • 1 cenoria
  • 1 cebola mediana
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 tomate
  • 1 vaso de viño branco
  • Sal
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva
O punto de cocción da costela, sabémolo cando a carne se empeza a separar do oso, é a mellor sinal que podemos ter.
Ademais de estar ante un rico guiso, estamos ante un prato bastante económico.
  1. Separamos a costela por cada oso e dourámola nunha cazola con aceite. Salpimentamos e reservamos.
  2. Cortamos as verduras e refogamos no aceite de dourar a costela, se vemos que é moito retiramos parte de el, non queremos un guiso engraxado.
  3. Mentres se fan as verduras, relamos o tomate que, engadiremos cando as verduras estean brandas. Deixamos facer ata a evaporación do líquido.
  4. Engadimos a costela reservada e o vaso do viño. Damos unhas voltas e deixamos evaporar o alcol. Cubrimos con caldo de carne e deixamos facer lentamente.
  5. Pelamos as patacas e cando vemos que a costela xa empeza a estar, as incorporamos á cazola. Se fixera falta engadimos mais caldo. Nuns 20/25 minutos deberían de estar listas.
  6. Si o prebe vos quedara un pouco solto, ou usades un espesante ou chafades unha pataca e a volvedes a incorporar á cazola.
Non dubidedes nin por un segundo que vaia a quedar algo na cazola, vai a desaparecer. Desde logo un bo pan é indispensable.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es