Ir al contenido principal

Boqueróns en aceite con tomate e cebola marinada

Ir á receita en castelán
Cando xuntas produtos de calidade, aínda que prepares unha receita moi sinxela, o resultado sempre é bo.

  • Boqueróns en aceite de Paco Lafuente
  • Cebola morada
  • Tomate kumato
  • Galletas mariñeiras Da Veiga
  • Vinagre do Ribeiro Albarro I
  • Sal
  • Aceite de oliva
De novo vimos ó blog con unha receita con conservas e cun produto que eu aínda non vira envasados, boqueróns en aceite que mesturaremos cunha cebola marinada no vinagre.
  1. Preparamos unha vinagreta con unha proporción de duas de aceite e unha de vinagre, salgamos.
  2. Picamos a cebola e o tomate sen sementes. Poñemos nun bol e engadimos a vinagreta.
    Mesturamos ben e deixamos que macere como mínimo unha hora.
  3. Para o servizo, abrimos a lata dos boqueróns. Poñemos unhas galletas, sobre elas un golpe de cebola e tomate e por riba un boquerón.
Non temos mais voltas que darlle. Deste xeito tan sinxelo, e rápido, temos un saboroso aperitivo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es