Ir al contenido principal

Champiñóns recheos ó forno

Ir á receita en castelán
Un entrante que gusta a case todo o mundo e de moi fácil execución.
  • Champiñóns
  • Cebola
  • Allo
  • Pemento vermello
  • Cenoria
  • Xamón
  • Xemas de espárrago verde
  • Queixo tetilla Arzúa (ou outro)
  • Sal e aceite
O champiñón é un cogomelo que sole gustar a case todo o mundo. Incluso aqueles que non comen cogomelos. Non esquezades o importante que é unha boa limpeza dos cogomelos, antes da súa preparación.
Con respecto ó queixo, usei un queixo de pasta branda para que se me quedase coma unha crema. Pero, evidentemente, podedes usar o que máis vos guste.
  1. Limpamos os champiñóns cun pano húmido e separamos o pe do sombreiro. Reservamos por separado.
  2. Picamos fina a cebola, o allo, o pemento e a cenoria. Poñemos a sofritir a lume brando. Salgamos e deixamos facer.
  3. Picamos o xamón e os pes dos champiñóns. Reservamos.
  4. Mentres se fan as verduras, escaldamos uns minutos as xemas dos espárragos. Pasamos a auga fría para deter a cocción e reservamos.
  5. Cando vemos que as verduras están brandas, engadimos o xamón e os pes reservados. Deixamos facer todo o conxunto. Salpimentamos.
  6. Prequecemos o forno a 200º e untamos unha bandexa de forno con unhas gotas de aceite.
  7. Reenchemos as cabezas dos champiñóns ca mestura preparada, poñemos unha punta de espárrago e un anaco de queixo.
  8. Pasamos os sombreiros á bandexa e levamos ó forno uns 15 minutos.
Facede unha boa cantidade, xa que van a voar da mesa. Xa veredes que o espárrago lle vai a dar un toque distinto ó conxunto.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es