Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

Arroz caldoso con bacallau e mexillóns

Ir á receita en castelán Tres das miñas debilidades xuntas nunha mesma receita. 150 grs de arroz (2 pax) 1 lombo de bacallau 400 grs de mexillóns 1/2 cebola 1/2 porro (da parte branca) 1 dente de allo 1 anaco de pemento vermello 1 vaso de viño branco Pementón agridoce de la Vera Sal Aceite de oliva Seguramente algún ingrediente non é moi ortodoxo, pero como me gustan eu os incorporo. Teño que dicir que o sabor que lle aporta o bacallau ó arroz é realmente sensacional. Poñemos a cocer os mexillóns. Eu non lles engado nada, deixo que se fagan na propia auga que soltan. Imos retirando segundo van abrindo, retiramos das cunchas e reservamos. Coamos a auga da cocción e reservamos para o arroz. Picamos a cebola, o porro, o dente de allo e o pemento vermello. Poñemos a facer, nunha cazola baixa con dúas culleradas de aceite, salgamos e deixamos facer a lume brando. Cando as verduras estean brandas, engadimos o arroz e remexemos para que se mesture cas verduras. En

Polbo marinado sobre masa follada

Ir á receita en castelán Hoxe imos a darlle un toque oriental a unha receita con polbo. Seguramente resulta atrevida, pero o resultado é realmente bo.  350 grs de polbo cocido 30 grs de prebe de soja 50 grs de aceite de sésamo 10 grs de xenxibre relado 1 dente de allo grande relado Ceboliño Wasabi (ó gusto) Pel relada de unha lima 1 lámina de masa follada O outro día poñendo un pouco de orden, topeime cunha carpeta que estaba medio agochada e con síntomas de levar tempo sen que ninguén lle fixese caso. Pois ben, nesta carpeta topei uns apuntes desta receita que, que pola data, é de hai uns cinco anos e que agora rematei por facer.  Fago un cambio nas proporcións, xa que na primeira que fixen o prebe de soja, enmascaraba totalmente o resto de aromas que se debían encontrar. Cortamos o polbo en rebandas coma si fose para un polbo a feira. Poñemos nun bol. Sobre o polbo, relamos o xenxibre (pelado) e o dente de allo. Tamén engadimos o ceboliño cortado e relamos

Suprema de bacallau e timbal de patacas

Ir á receita en castelán Se o outro día vimos unha receita contundente de carne, hoxe unha receita suave con bacallau. 2 supremas de bacallau 2 patacas medianas 2 tomates rama 1 cebola morada Aceite de oliva Sal e pementa Continuamos con receitas fáciles de execución, con ingredientes ó alcance de tod@s e de vistosa presentación. Nin que dicir ten que a todo o dito con anterioridade, hai que sumarlle que é moi saborosa. Cortamos as patacas en rodelas finas e facemos o mesmo ca cebola, que podemos cortar en aros ou plumas. Pelamos os tomates e tamén cortamos en rodelas. Nunha tixola con aceite facemos as patacas e a cebola a lume brando, facemos unhas patacas panadeira. Mentres se fan as patacas e a cebola, nun recipiente que poida ir ó forno e untado de aceite, poñemos as rodelas de tomate, salgamos e deixamos que se nos faga no forno. Reservamos Retiramos as patacas e a cebola a un prato e sin aceite, a tixola, damos cor ó bacallau pola parte da pel. Na bandexa

Carrileiras con patacas e ceboliñas

Ir á receita en castelán Non sei a vos, pero a min gústanme as receitas "viejunas". As receitas de sempre que se fan moi lentamente, será cousa da idade. 2 quilos de carrilleiras de porco 2 cebolas medianas 4 dentes de allo 1 porro 1 cenoria 5 chalotas 3 tomates pera 350 ml. de viño branco Pementa negra moída 1 rama de romeiro 1 rama de tomiño 10 graos de pementa negra Pementón de la Vera Caldo de carne (en cantidade suficiente) Patacas de guarnición Ceboliñas francesas Sal e aceite As carrilleiras son unha das pezas que mais me gusta cociñar. Xa sexan de porco ou de tenreira, conquístate a súa melosidade e a tenrura despois da longa cocción. Limpamos da graxa exterior das pezas e salpimentamos. Pasamos as carrilleiras por aceite nunha cazola para selalas. Se vos parece, podedes pasar as pezas por fariña, antes de levar ó aceite. Reservamos. No mesmo aceite (retirando o que vexamos que sobra), poñemos a pochar o conxunto das verduras, que non vo