Ir al contenido principal

Arroz caldoso con bacallau e mexillóns

Ir á receita en castelán
Tres das miñas debilidades xuntas nunha mesma receita.
  • 150 grs de arroz (2 pax)
  • 1 lombo de bacallau
  • 400 grs de mexillóns
  • 1/2 cebola
  • 1/2 porro (da parte branca)
  • 1 dente de allo
  • 1 anaco de pemento vermello
  • 1 vaso de viño branco
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Sal
  • Aceite de oliva
Seguramente algún ingrediente non é moi ortodoxo, pero como me gustan eu os incorporo.
Teño que dicir que o sabor que lle aporta o bacallau ó arroz é realmente sensacional.
  1. Poñemos a cocer os mexillóns. Eu non lles engado nada, deixo que se fagan na propia auga que soltan. Imos retirando segundo van abrindo, retiramos das cunchas e reservamos. Coamos a auga da cocción e reservamos para o arroz.
  2. Picamos a cebola, o porro, o dente de allo e o pemento vermello. Poñemos a facer, nunha cazola baixa con dúas culleradas de aceite, salgamos e deixamos facer a lume brando.
  3. Cando as verduras estean brandas, engadimos o arroz e remexemos para que se mesture cas verduras.
  4. Engadimos o vaso do viño branco e deixamos que se evapore, dando voltas de seguido a todo o conxunto.
  5. Botamos o pementón, damos dúas voltas para que se integre e de seguido o caldo, reservado quente, dos mexillóns. Deixamos que se vaia facendo.
  6. Mentres se vai facendo o arroz, retiramos a pel e espiñas do lombo de bacallau. Cortamos en anacos de algo mais que bocado.
  7. Cando vexamos que ó arroz lle quedan uns catro minutos, engadimos os anacos de bacallau e os mexillóns. Remexemos e deixamos eses minutos que restan. Si fixera falla, podemos engadir un pouco de caldo.
  8. Fora do lume, tapar e deixar repousar outros catro minutos e levar quente para a mesa.
Si o bacallau é bo, veredes que textura tan fantástica se lle vai a quedar. Vaise a ir desconchando.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es