Ir á receita en castelán
Non sei a vos, pero a min gústanme as receitas "viejunas". As receitas de sempre que se fan moi lentamente, será cousa da idade.
- 2 quilos de carrilleiras de porco
- 2 cebolas medianas
- 4 dentes de allo
- 1 porro
- 1 cenoria
- 5 chalotas
- 3 tomates pera
- 350 ml. de viño branco
- Pementa negra moída
- 1 rama de romeiro
- 1 rama de tomiño
- 10 graos de pementa negra
- Pementón de la Vera
- Caldo de carne (en cantidade suficiente)
- Patacas de guarnición
- Ceboliñas francesas
- Sal e aceite
As carrilleiras son unha das pezas que mais me gusta cociñar. Xa sexan de porco ou de tenreira, conquístate a súa melosidade e a tenrura despois da longa cocción.
- Limpamos da graxa exterior das pezas e salpimentamos.
- Pasamos as carrilleiras por aceite nunha cazola para selalas. Se vos parece, podedes pasar as pezas por fariña, antes de levar ó aceite. Reservamos.
- No mesmo aceite (retirando o que vexamos que sobra), poñemos a pochar o conxunto das verduras, que non vos importe o corte, pois logo imos a triturar todo. Deixamos que se fagan amodo.
- Cando as verduras estean no seu punto, engadimos as carrilleiras, o pementón e damos unhas voltas para que se mesturen cas verduras. Incorporamos o viño branco e deixamos que se evapore o alcohol.
- Botamos a rama de romeiro e tomiño e cubrimos co caldo de carne. Deixamos que se vaian facendo lentamente. Vaille levar entre 90/120 minutos.
- Mentres se fan as carrilleiras, pelamos as patacas de guarnición e as ceboliñas francesas, salteamos nunha tixola para que collan cor.
- Retiramos as carrilleiras cando vemos que lle queda unha media hora. Trituramos as verduras co batedor e pasamos polo chino, vai a quedarnos un prebe cheo de sustancia.
- Volvemos o prebe á cazola, engadimos a carne e as patacas e ceboliñas reservadas. Deixamos que se fagan a media hora que lles queda. Se vedes que necesita auga, non dubidedes en incorporala, a auga nunca estraga un bo prebe.
Soamente nos queda levar as nosas carrilleiras á mesa. Non esquezades mercar un bo pan, xa que vos van a deixar os pratos limpos.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito